COMPROMISO OUTES, BNG E PSOE GOBERNARÁN EN OUTES, LUIS OUJO REPITE EN PORTO DO SON, TERESA VILLAVERDE EN LOUSAME E JOSÉ RAMÓN ROMERO EN BOIRO
Os plenos de constitución sucedéronse ao longo do día de hoxe en toda a comarca, agás Rianxo. En Outes a sesión comezou ás 12 horas e tras conformarse a nova corporación procedeuse á votación entre os dous candidatos finais: Francisco Calo polo PP e Manuel González por Compromiso Outes. Calo contou con 6 votos, mentres que González sumou 7 grazas ao pacto con BNG e PSOE. Polo tanto o candidato de Compromiso Outes volverá a encabezar o goberno do municipio.