O pasado 28 de xuño conmemorouse o día Internacional do Orgullo LGBTI. Realizáronse numerosos actos para celebralo na comarca e en Ribeira houbo un espectáculo especial para pechar a programación centrada en dar visibilidade ao colectivo. A praza de España acolleu a noite do venres o show de Cristian de Samil, tamén coñecido como Cristian la Reina da las Risas.

