A FIRMA DA POBRA ALIOUSE COA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN E CON GRADIANT PARA CONVERTERSE NUNHA FÁBRICA INTELIXENTE
Unha das empresas máis destacadas da comarca vén de dar un novo impulso na súa forma de traballar. Congalsa conta xa coa súa versión 4.0 logo de participar no proxecto Fábrica Intelixente, impulsado pola Axencia Galega de Innovación. A directora da axencia, Patricia Grey, visitou esta mañá as instalacións de Congalsa para coñecer de primeira man os resultados da iniciativa.