O San Xoán foi un espellismo para a sardiña e o seu bo prezo en lonxa. Nas últimas xornadas, o kilo deste peixe azul está a ter un valor moi reducido nas poxas. Esta situación non é nada positiva para o sector, que ve como os ingresos caen dunha forma importante e a incerteza fai acto de presenza polo futuro desta campaña.