O verán é unha das épocas máis agardadas por todos, se non a que máis. O bo tempo, as vacacións e a chegada de turistas traen á comarca a visita de moitas persoas, o que é un aliciente máis para o comercio local. Aínda é cedo para ver que deparará este período estival, pero dende as tendas o afrontan con boas expectativas.