As mulleres do rural e do mar galegas, representadas en Fademur Galicia e en Mulleres Salgadas, mantiveron onte unha reunión cos grupos do Parlamento galego BNG e PSdeG-PSOE. Nesa xuntanza, os colectivos amosaron a súa contrariedade con respecto ao texto do Estatuto da muller rural e do mar.

