Deputación Da CoruñaOutes

O presidente da Deputación visitou hoxe o concello de Outes, que suma investimentos de máis de 467,000 euros no último ano a través dos diferentes plans provinciais.

Acompañado do deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, e de técnicos do departamento de Vías e Obras, o presidente provincial visitou Concello de Outes, onde foi recibido no Salón de Plenos pola nova alcaldesa da localidade, Beatriz Molinos Vidal, polo exrexedor outiense, Carlos López Crespo, e polos membros da corporación local.

González Formoso repasou algunhas das infraestruturas financiadas no período 2015-2016 no municipio, que supoñen unha importante inxección económica de preto de 1,5 millóns de euros nun concello cun orzamento de 4,7 millóns e 7.000 habitantes e que “contribúen a mellorar a calidade de vida dos veciños” e a “xerar actividade económica e postos de traballo”, apuntou.

González Formoso destacou ademais que o cambio de criterios do DTC ao PAS, “primando aos concellos rurais da provincia en vez das grandes cidades”, supuxo para Outes pasar no último ano dun investimento de 162.000 euros aos 350.000 €, o que lle permitiu financiar a reforma da piscina muncipal (99.394 €), o acondicionamento do parque infantil de Broña (80.210,14 €) e do aparacadoiro da Igrexa de Outes (49.063 €) e a humanización do entorno de Coirada, entre outras accións.
O POS 2016 serviu para financiar tamén os proxectos de humanización nos núcleos de Famelga, Almeida, Sacido e outros, mentres que o Plan de Emprego (que este ano pasa de 9.876 a 40.000 euros, cuadriplicando a súa achega) serviu para a creación de 8 postos de traballo no municipio, destinados a maiores de 45 anos, parados de longa duración e persoas en risco de exclusión social.
O novo Plan de Medioambiente (PMA) vai a permitir a Outes renovar boa parte dos seus contenedores de lixo e adquirir novas bombas sumerxibles para evacuación de augas residuais, cun orzamento de 45.539, 96 euros.
A alcaldesa outientse agradeceu a visita así como as achegas do ente provincial a este muicipio.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.