O programa de dinamización cultural promovido pola Xunta de Galicia e cofinanciado cos concellos regresa este verán con diversas propostas. Serán máis de 300 actuacións de circo, danza, maxia, música e teatro en 88 localidades polas que discorren as distintas rutas xacobeas. Polo que chegará aos concellos do Barbanza que atravesan o Camiño A Orixe.

