martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Beatriz Molinos convértese na nova alcaldesa de Outes

A Casa do Concello de Outes acolleu a celebración dun pleno extraordinario a última hora da tarde de onte. O obxectivo era escoller a un novo rexedor tras a renuncia de Carlos López Crespo a continuar ao frente do goberno outense, pois concurrirá ás eleccións autonómicas do 25 de setembro como número once do Partido Popular pola provincia de A Coruña. A elexida foi a aspirante proposta polos populares, Beatriz Molinos, quen tomou posesión do seu cargo sucedendo a López Crespo.

Despois dos formalismos propios dun pleno de investidura, o secretario pediu que se postulasen os candidatos á alcaldía. Fixérono Beatriz Molinos e Manuel González, voceiro de Compromiso por Galicia (CxG). Este último contou cos votos do seu grupo, mentres que a candidata do PP obtivo o respaldo dos oito concelleiros populares e o do PSOE.

Na súa primeira intervención como alcaldesa de Outes pediulle aos demais partidos que exercesen unha oposición construtiva, ao tempo que agradeceu o apoio do seu grupo.

Tamén tivo palabras para o seu antecesor, quen foi o seu mestre na escola e mais na política, polo que espera seguir aprendendo del para ter éxito no goberno municipal. Así mesmo, dirixiuse aos veciños outenses convidándoos a participar na vida municipal.

Os voceiros dos demais grupos da oposición tamén interviron na sesión de investidura. Manuel González, concelleiro de Compromiso por Galicia, recoñeceu que o pleno tiña validez legal, pero matizou que os veciños elixiron a outro alcalde. Non obstante, engadiu que o seu partido levará a cabo unha oposición construtiva. Ademais, pediu mudar o funcionamento dos plenos e comisións, para que así houbese máis posibilidades de participar por parte da oposición.

Pola súa parte, o edil do PSOE, Julio Fernández, xustificou o seu voto favorable a Beatriz Molinos argumentando que é a primeira vez que unha muller consegue a alcadía de Outes, o que supón un xiro progresista.

Deste xeito, o pleno extraordinario rematou con Beatriz Molinos converténdose na primeira muller en ocupar o sillón da alcaldía e recibindo o bastón de mando de Outes.

https://www.youtube.com/watch?v=SmQZQgMe3VY

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.