Contos ao aire libre. Volve unha nova edición do Festival de Narración Oral Atlántica a 24 localidades galegas. Lugares emblemáticos e patrimoniais como O pazo de Goiáns en Boiro, os Lavadoiros de Penisqueira e o miradoiro da rá en Ribeira serán algúns dos escenarios para as diversas funcións, que se realizarán ata o 9 de xullo.

