Un ano máis a andaina solidaria de Congalsa volve ao calendario de actividades da comarca. A firma con sede na Pobra do Caramiñal trae unha nova edición da súa tradicional cita benéfica, que será a oitava vez que se desenvolva co seu fin inicial: recadar fondos para as familias da contorna que están en risco de exclusión social.
Nesta ocasión a iniciativa será totalmente presencial e terá un percorrido circular de 10 kilómetros que partirá da lonxa de Cabo de Cruz e que se desenvolverá o vindeiros 18 de xuño. O obxectivo desta andaina, segundo recordou Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de Congalsa, é contribuír a recadar fondos e alimentos para destinalas ás entidades da comarca que prestan apoio social a colectivos, persoas e familias en risco de exclusión social.
Ademais dos tres euros solidarios pola inscrición, cada participante debe aportar alo menos un kilo ou litro de calqueira alimento non perecedoiro que se entregará o día da andaina solidaria. Todas as persoas interesadas en participar nesta cita poderán facelo inscribíndose a través da web de Congalsa e de Deporticket ata o venres día 16 ás 15.00 horas.
A organización estima que a camiñata durará preto de dúas horas e realizarase

