Este ano desenvolveuse por primeira vez a iniciativa “Polos Creativos” nos que participaron varios colexios e institutos de Galicia. Un dos premiados neste primeiro curso de implantación deste método de ensino e aprendizaxe foi o pobrense Pilar Maestú Sierra, que se fixo co galardón no apartado mellor recurso de comunicación cultural/social. Un traballo no que os alumnos tiveron moito que dicir.

