Galicia acadou no mes de maio a menor cifra de persoas desempregadas de toda a serie histórica (1996), desde hai 27 anos, e por primeira vez o dato se sitúa por debaixo das 139.000 persoas. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, afirmou que é unha cifra récord e apuntou que o desemprego baixou e as cotizacións aumentaron tanto na evolución anual como mensual.

