O verán está á volta da esquina ao igual que os campamentos de conciliación. O Concello da Pobra do Caramiñal aposta un ano máis polos obradoiros “Móvete” que comezarán o 22 de xuño e rematarán o 8 de setembro. Unha alternativa para os pais que conta cun horario de 9.00 a 14.00 horas e que terá servizo madruga dende as 7.30 horas e comedor ata as 16.00 horas, e que se celebrará no Salustiano Rey Eiras.