Logo de dixerir e celebrar os resultados electorais, os paridos que non alcanzaron a maioría absoluta están xa inmersos nas opcións dispoñibles para poder formar goberno. É o caso da Pobra do Caramiñal. O Partido Popular foi o grupo con máis representacións tras o peche das urnas e o reconto de votos no concello e sumou un novo representante na corporación sumando un total de seis concelleiros.

