Onte finalizou a carreira electoral municipal con resultados de todas as cores na comarca. Un dos máis destacados foi vitoria do PSOE en Boiro, que nesta lexislatura contará con maioría absoluta no concello. José Ramón Romero seguirá sendo o alcalde do municipio tras ter o arroupo de máis de 4.600 veciños.