Esta lexislatura estivo marcada profundamente polo coronavirus que afectou á sociedade e tamén á planificación dos Gobernos locais. Este ano, xa libres da pandemia, foron moitos os concellos que comezaron a desenvolver obras inicialmente proxectadas para o 2020 ou o 2021 polo que moitas aínda veñen de iniciarse hai poucas semanas. Situación que se está a dar na Pobra do Caramiñal.