Este sábado o portavoz do Bloque no Congreso, Néstor Rego, visitou a vila de Noia onde arroupou ao candidato á alcaldía, Ricardo Suárez. Na súa estadía na vila noiesa, Rego destacou ante a veciñanza do municipio a capacidade e o compromiso de Suárez para liderar o cambio en Noia. Tamén remarcou o compromiso do BNG co sector marisqueiro e coa rexeneración da ría.