Esta mañá o Parlamento de Galicia acolleu unha nova sesión do pleno onde os partidos da oposición cuestionaron ao presidente da Xunta sobre varios temas. Un foi as competencias dos concellos e outro a rexeneración democrática. O portavoz socialista, Luis Álvarez, apuntou que os Gobernos municipais teñen un gran déficit polo incremento das súas competencias e non do orzamento destinado a eles.