Outes

Medio Ambiente acometerá as actuacións necesarias para poñer en marcha a depuradora de Outes

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Outes, Carlos E. López Crespo, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo acometer as actuacións necesarias para poñer en marcha a depuradora (EDAR) de Outes.

O acordo ratificado esta mañá prevé un investimento por parte da Xunta de algo máis de 99.000 euros, que estarán cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

O obxectivo último destas obras é habilitar a infraestrutura da depuradora, de xeito que se poida mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas deste concello.

Dende a Consellería de Medio Ambiente destacase a importancia deste actuación, xa que ademais de garantir unha rede de saneamento para os veciños deste concello, tamén se evitan aportes ao medio natural

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.