A vila de Noia contará cunha nova actividade para conmemorar o día das Letras Galegas. Trátase da Semana das Artes e das Letras, iniciativa que nace para dar un maior impulso e para recordar aos noieses as figuras de María Mariño e Antón Avilés de Taramancos, que foron distinguidos o 17 de maio. Unha idea que naceu da profesora Elisabeth Rey.