O lugar de Somorto, en Esteiro, foi o punto escollido pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para anunciar que a Xunta actualizará o catálogo de bens en servidume e protección de Dominio Publico Marítimo Terrestre. Con esta medida quérese outorgar maior seguridade xurídica á recuperación do patrimonio construído ao abeiro do proxecto de lei de ordenación e xestión do litoral de Galicia, cuxa aprobación se agarda para este ano.