Dende esta mañá a Dirección Xeral de Tráfico e a Garda Civil realizan unha campaña de sensibilización dirixida de forma específica ao colectivo de usuarios vulnerables das estradas galegas: peóns, ciclistas e motoristas. Este proxecto desenvolverase ata o día 14 nas estradas convencionais.