Esta mañá o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou no coloquio “Diálogos en el Atlántico. Territorio y Responsabilidade Social”, organizado polo Cesuga na Coruña. Nese escenario, Calvo avogou por implantar a responsabilidade social co obxectivo de avanzar cara a unha Galicia sustentable na que se garanta a saúde e o benestar das persoas traballadoras nas empresas, unha xestión eficiente dos recursos enerxéticos e a procura dunha sociedade inclusiva.