Achégase o verán e con el vanse restando os días para volver a vivir unha nova edición do Rompetiño Jump. Será o sétimo ano que a cultura urbana e a música tomen a fachada marítima de Porto do Son entre o 30 de xuño e o 2 de xullo e xa se pechou o cartel de artistas que amosarán a súa música sobre o escenario.