Noia

O BERBERECHO DE NOIA CAEU DE DOUS CONTRA O BETANZOS


Esta xornada estaba marcada en vermello para o Beberecho de Noia, xa que unha vitoria suporía a súa permanencia virtual na Primeira División Galega Masculina. Enfrontábase ao terceiro clasificado, o Santo Domingo de Betanzos, que lle colleu a medida aos noieses e os derrotou por un axustado 71-73.

Semellaba que o choque comezaba ben para os amarelos xa que comezaron mandando cun aprcial de 5-0, pero os visitantes reaccionaron e empataron a contenda. A igualdade veuse reflectida no electrónico xa que o intercambio de canastras era unha constante. Tras os primeiros 10 minutos, o Betanzos sumouse este cuarto ao mandar por 23-24.

No segundo período os noieses estaban faltos de ideas en ataque e concederon moito atrás, polo que os betanceiros firmaron un parcial de 0-16 que inclinaba a balanza ao seu favor. Sen embargo antes do final do cuarto o Berberecho reaccionou e logrou parar a sangría para deixar o marcador no 31-43 para os visitantes.

O paso por vestiarios revitalizou ao conxunto adestrado por Ángel Castro que amosou unha gran versión sobre a pista do Alonso Rodríguez e acurtou a diferenza co Betanzos. Os dous equipos se xogaban o partido no derradeiro cuarto, que comezou co Noia a 5 puntos dos visitantes. A igualdade marcou a tónica nos últimos dez minutos, con diferenzas que oscilaban entre 1 e os 3 puntos. Restaba menos dun minuto cando Ángel Gómez puxo o empate a 71, dando esperanzas ao equipo. Sen embargo o Betanzos reaccionou cunha canastra de dous para coller vantaxe e nos restantes 10 segundos defenderon ben o seu aro para impedir que os amarelos empataran e forzaran a prórroga.

71-73 final para o Betanzos, unha dura derrota para o Noia que se xogará a permanencia na categoría este sábado ás 18.00 ante o NovoBasket en Vigo. Quedan dúas xornadas para rematar esta segunda fase, sen embargo esta é a última xornada de competición para o Berberecho xa que lle toca descansar na derradeira. Polo que se quere depender de si mesmo para seguir a vindeira temporada na primeira división ten que gañar en Vigo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.