Esta mañá a Confraría de Noia acolleu unha reunión entre os profesionais do mar, Galiza Nova e do BNG comarcal. A través desta xuntanza afondouse no futuro da ría de Muros-Noia no caso de que se realicen os vertidos das augas da mina xa que o pósito presentou un recursos para paralizalo, ademais de contar este sábado cunha manifestación ás 12.00 horas nas portas de San Caetano.

