A Seafood Expo Global abriu hoxe as súas portas en Barcelona. Trátase da maior exposición de peixes e mariscos situada no recinto ferial da Gran Vía de Fira de Barcelona na que hai 49.500 metros cadrados de espacio de exposición. Nesta feira do produto do mar atópase unha delegación de Congalsa, encabezada polo seu director Comercial e Marketing, Julio Simarro.




