Galicia

MÉDICOS E SERGAS CHEGAN A UN ACORDO E PONSE FIN Á FOLGA DESPOIS DE NOVE DÍAS


Foron nove días de folga dos facultativos da sanidade galega cos que querían reivindicar varias melloras. Onte pola tarde a xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, e a directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña, reuníronse con representantes da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos para poñer fin ao paro. Tras unhas negociacións que se prolongaron dende as cinco da tarde de onte ata case a media noite, chegouse a un acordo que permitiu desconvocar a folga de forma inmediata.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.