Esta mañá desenvolveuse a reunión semanal do Consello da Xunta onde se trataron e aprobaron varias cuestións. Unha delas foi a aprobación do proxecto de Lei de Artesanía de Galicia, que comeza agora a súa tramitación parlamentaria e coa que se actualizará a normativa vixente para modernizar e incrementar a profeisionalidade e competitividade deste sector.

