As portas do hospital do Barbanza enchéronse esta mañá de persoal médico que denuncia unha vez máis a mala xestión da xerencia da área sanitaria. Os facultativos sinalan a fuga de médicos cara a outras áreas pola precarización dos traballos nesta o que implicou unha redución significativa no persoal de medicina interna.