Continúa a viaxe de Alfonso Rueda para reforzar alianzas institucionais e económicas nos países de América Latina. Nesta ocasión, o presidente da Xunta destacou o traballo das entidades galegas que promoven e difunden a lingua e a cultura propia. Fíxoo durante a súa visita ás instalacións da Irmandade Galega de Venezuela.

