20.8 C
Chicago
23 octubre, 2026
Image default

AS PROTESTAS DOS BATEEIROS CONTRA A XUNTA SANDÁRONSE CON DETENCIÓNS EN SANTIAGO

A semana pasada as confrarías galegas presentaron un recurso ante a Consellería de Mar contra a apertura de extracción de mexilla en zonas reservadas para o percebe. O departamento dirixido por Rosa Quintana aprobou o recurso dos pósitos e pechou a recollida de mexilla nas zonas abertas hai menos dun mes. Este xiro de 180 graos provocou que o conflito da mexilla cambiara de terzo cara un camiño máis agresivo.

Esta mañá decenas de mexilloeiros desprazáronse ata as portas de San Caetano para protestar por esta decisión tomada pola Consellería do Mar. A concentración rematou en tensos encontros coas forzas de seguridade e producíronse detencións e houbo varias persoas feridas que precisaron atención médica.

Os bateeiros congregáronse diante da sede da Xunta para reclamar unha solución para a crise da mexilla. O colectivo ten claro que esta resolución pasa pola derogación do artigo 13 do decreto de decembro do 2019 que regula os plans de explotación marisqueira. Algo ao que se opoñen os percebeiros. As protestas tiveron lugar logo de que as tres asociacións que representan ao sector mexilloeiro, Opmega, Amegrove e Socomgal, decidiran abandonar a mesa de negociación co goberno autonómico.

A Policía Nacional de Santiago confirma que varios manifestantes se abalanzaron contra o dispositivo, lanzando tamén obxectos aos vehículos policiais. Ademais afirma que hai varios axentes feridos, en principio de carácter leve aínda que algúns precisaron ser hospitalizados. O sector bateeiro afirma que hai un manifestante hospitalizado pola carga policial, un segundo evacuado en ambulancia e varias persoas con contusións e golpes.

Ás dúas persoas detidas se lles imputan senllos presuntos delitos de desordes públicos e atentado contra a autoridade.

Related posts

MAIS DE 1.800 MILLÓNS PARA A SANIDADE GALEGA

CloudyX

RUFIÁN APOIA A PONTÓN: «A ÚNICA ALTERNATIVA EN GALICIA»

CloudyX

A ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DELOA VÉN DE CELEBRAR O SEU 25º ANIVERSARIO NO PAZO DE ARRETÉN, EN PADRÓN

CloudyX