16.7 C
Chicago
25 octubre, 2026
Image default

O PORTUS APOSTOLI E ALTAMIRANO SEGUIRÁN COMPARTINDO CAMIÑO ATA O 2025

O Noia Portus Apostoli vén de facer oficial a renovación de Leandro Altamirano. O xogador continuará defendendo a elástica branca ata o 2025 e ademais conta cunha opción de ampliación ata o 2026. O club e o xogador chegaron a este acordo tras a renovación alcanzada o pasado ano pola que Leandro e o Noia unían o seu futuro ata o 2024.

O ala arxentino cumpre o seu segundo ano como xogador do Portus Apostoli logo de pasar por ElPozo Murcia. Nestes dous anos, Altamirano, que ten 23 anos, gañouse a confianza do corpo técnico e da afección noiesa logo de amosar o seu compromiso e esforzo cada fin de semana sobre o parqué.

Dende que chegou ao Noia, o ala xogou 65 partidos entre todas as competicións nos que anotou 17 goles. Nesta campaña, Altamirano acumula 3 tantos e 3 asistencias na primeira división, 1 diana na copa do rei e outro na copa galicia.

Related posts

TRAS O PARÓN DE SELECCIÓNS, VOLVE A COMPETICIÓN Á PRIMEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA

CloudyX

O CD BOIRO RECIBE AO GRAN PEÑA EN BARRAÑA CO OBXECTIVO DE SUMAR A VITORIA E CONSOLIDAR O SEU LIDERADO

CloudyX

ABRE A INSCRICIÓN PARA A CLÁSICA CARREIRA SIN-SON 10K QUE CONECTARÁ PORTOSÍN E PORTO DO SON O 20 DE DECEMBRO

CloudyX