Como vén sendo habitual, a Concellería de Servizos Sociais e o IES da Pobra colaboran un ano máis para desenvolver unha acción dirixida aos pais e nais dos alumnos do centro. Nesta ocasión impartirase un taller dirixido ás familias dos alumnos que versará sobre o estrés e a ansiedade na adolescencia.