A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acolle dende hoxe unha nova exposición. A mostra “Cegasal, unha asociación para as persoas” chega á Pobra do Caramiñal logo de pasar por varios concellos da provincia. Está formada por preto de 40 fotografías nas que se amosa o día a día no mundo laboral das persoas con discapacidade.