O comunicador Pepe Domingo Castaño da nome á antiga praza das Travesas en Padrón. O concello destapou este sábado a nova placa no lugar onde precisamente xogaba o xornalista de pequeno. No acto participou o presidente galego, quen destacou a Pepe Castaño como un dos principais embaixadores de Galicia.