Outes

O novo libro de Llovo retrata a capintería de ribeira en Outes

O Centro Náutico Municipal do Freixo acolleu a presentación dun novo libro de Santiago Llovo Taboada, titulado «Mar de Outes, berce de carpinteiros de ribeira galegos». O autor atopábase acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e polo alcalde de Outes, Carlos Crespo.

O rexedor abriu o acto agradecéndolle ao escritor a súa dedicación a temas relacionados con Outes, xa que o ano pasado presentou outra obra vinculada coa carpintería de ribeira. Pola súa parte, a responsable de Mar, Rosa Quintana, subliñou a traxectoria construtiva de barcos de madeira no concello de Outes, así como o traballo de investigación realizado polo autor do libro.

Santiago Llovo explicou aspectos concretos da súa obra e o argumento en torno ao cal xira, gabando a capacidade da que dispoñía o concello na elaboración de embarcacións de transporte de mercadorías.

Así mesmo, a editora do libro, Lucila Ventoso, eloxiou a publicación, pois constitúe unha boa guía. Carlos Crespo concluíu dicindo que se trata dunha «terra onde o esforzo e o traballo fixeron que unha profesión se convertese na arte de ben facer barcos».

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.