Cultura, medio ambiente e historia únense esta Semana Santa na Pobra do Caramiñal. Dende o 5 ata o 8 de abril haberá rutas e visitas guiadas ademais dun obradoiro de marisqueo a pé na praia dos Areos. E dende 31 de marzo ata o 10 de abril os Xardíns de Valle Inclán acollerán ‘A Nosa Feira’ con 14 postos de artesanía, alimentación e téxtil.