Unha persoa resultou ferida de gravidade esta mañá despois de que o vehículo saíse da vía en Muros, na AC-550. O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente co aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago e trasladou á persoa ferida ata o Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

