19.1 C
Chicago
14 septiembre, 2026

O mexillón convertirase no gran protagonista de Rianxo

Durante os próximos días 6 e 7 de agosto, a localidade de Rianxo acollerá a VII Festa do Mexillón, con Denominación Orixe Protexida Mexillón de Galicia. Un evento que contará coa afluencia de multitude de persoas procedentes dende distintos puntos da Comunidade. Alí poderán degustar este produto tan apreciado das rías galegas a prezos populares.

O sábado 6 de agosto, a partir das 17:30 da tarde, terán lugar os bautizos de mar para as motos acuáticas e, ás 19:30, un grupo de gaiteiros animará as rúas. Ás 20:00, os cativos poderán xogar nos inchables e, á mesma hora, comezará a degustación de mexillóns. O concurso de pratos elaborados con mexillón celebrarase ás 21:30 da noite, o cal dará paso á entrega de premios prevista para as 22:30. Ao final da xornada, os presentes poderán desfrutar coa actuación do grupo folk Faíscas da Pontraga ás 22:45.

O domingo 7 comezará ás 10:30 da mañá co pasarrúas amenizado por gaiteiros. Ás 11:30, os veciños e visitantes poderán deleitarse cun xantar mariñeiro, onde o molusco será o gran protagonista; e, ás 13:00 da tarde, terá lugar a recepción de autoridades.

Así mesmo, durante os dous días haberá unha exposición de fotos antigas.

Related posts

PANCADA DEFINITIVA PARA A FROTA DO XEITO E PARA A CONFRARÍA DE RIANXO

CloudyX

DEPUTACIÓN E CONCELLO DE RIANXO ASINAN O CONVENIO PARA CONSTRUÍR A NOVA CASA DE ACOMPAÑAMENTO AOS MAIORES DO MUNICIPIO

CloudyX

O GOBERNO LOCAL DE RIANXO ULTIMA A AMPLIACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NESTE ÚLTIMO TRAMO DA LEXISLATURA

CloudyX