No que vai de ano realizáronse máis dun centenar de queimas prescritas para actuar en máis de 500 hectáreas de superficie, eliminando combustible vexetal co fin de contribuír a unha mellor defensa fronte aos incendios. Así o sinalou conselleiro de Medio Rural esta mañá na parroquia compostelá de San Xoán de Fecha onde precisamente levouse a cabo unha queima prescrita.

