O conselleiro de Economía e Industria defendeu esta mañá no parlamento galego o modelo eólico da Xunta baseado na planificación e no garantismo ambiental. Segundo apuntou nestes momentos Galicia estanse a tramitar máis de 6000 MW. Deles, engadiu, os proxectos actualmente autorizados ou en obras apenas representan o 15 por cento do total. Nese sentido, rechazou que exista un ‘boom eólico’ e acusou á oposición de ‘negacionismo’.

