O Consello da Xunta aprobou esta mañá ao inicio da tramitación urbanística do proxecto para o futuro Centro de Protonterapia de Galicia. Estará emprazado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e poderá empezar a recibir pacientes no 2025.

