O amor está no aire e nos escaparates. Ao longo destes últimos días os comercios de Ribeira volvían sacar os corazóns vermellos para celebrar San Valentín este 14 de febreiro. Unha data ben recibida nas rúas polos namorados e namoradas, que elixen este día para darse unha merecida homenaxe.

