Unha multitude de veciños congregouse nos Xardíns Valle-Inclán para asistir á inauguración da escultura pola memoria histórica da Pobra do Caramiñal. Tamén estiveron presentes familiares de persoas represaliadas no franquismo, como parentes de Manuel Hermo, alcalde pobrense nesa época.

