O cerco galego afronta este 2023 como un ano complicado ao non contar con cota de xurelo na zona 8c, que vai de Fisterra á fronteira con Francia. Por iso este segmento da flota mira con esperanza a outras especies, como a anchoa. Está previsto que o próximo mes se inicie a costeira desta especie.

