19 noviembre, 2026
Image default

O POBRENSE JUAN MANUEL PAZ AMOSA AS SÚAS TALLAS EN MADEIRA PROTAGONIZADAS POLO MAR E O AGRO NA CASA DA CULTURA RAQUEL FERNANDEZ SOLER

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acolle dende onte unha mostra diferente. O pobrense Juan Manuel Paz amosa a súa paixón pola artesanía na exposición das súas tallas elaboradas coa súa navalla.

As figuras modeladas gardan relación co mar e co agro froito do vínculo do propio autor con estes dous ámbitos. Mariñeiro e albanel retirado, Sampi, alcume co cal é coñecido, traballa a madeira con pouco máis ca a súa navalla ata conseguir darlle a forma desexada ás súas creacións. O amor pola artesanía tamén o absorberon as súas fillas, polo que a mostra tamén presenta unha escolma de bonecas de trapo modeladas por Ana Paz.

Onte inaugurouse esta mostra, acto no que a concelleira de Cultura da Pobra, Patricia Lojo, reafirmou a aposta do concello polas diferentes manifestacións artísticas e pola difusión do talento local. Esta exposición de tallas de madeira de de bonecas de trapo de Juan Manuel e Ana Paz poderán visitarse ata o 1 de marzo.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX