‘Coidando as que coidan’ é o novo obradoiro gratuíto que oferta o Concello da Pobra para intervir na carga laboral e emocional que teñen as mulleres que traballan no cuidado de persoas dependentes. Terá lugar os luns de 16.00 a 18.00 horas, nas dependencias dos Servizos Sociais e da Igualdade, ata o 6 de marzo.

