Esta mañá as asociacións veciñais de Noia asistiron a unha charla informativa para coñecer o Plan específico de acción comunitaria da Xunta. A convocatoria conta cun investimento de 3 millóns de euros e vai dirixida a sufragar obras nos locais sociais, reparacións das traídas de augas comunitarias ou a adquisición de equipamentos.

